miércoles, 7 de septiembre de 2011

Excursión á festa do Marisco do Grove

A Asociación de Veciños/as de Pías organiza unha excursión ao Grove o próximo domingo 2 de outubro, con motivo da celebración da Festa do Marisco. Durante a excursión realizaranse visitas ás localidades do Grove e a Illa da Toxa, así como un cruceiro en catamarán pola Ría de Arousa, no que se fará unha degustación de mexillóns e viño albariño.