lunes, 20 de febrero de 2012

Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda de 360 euros por fillos e fillas menores de tres anos

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG a orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012. Esta prestación consiste nunha axuda de 360 euros por crianza e poderase solicitar até o luns 26 de marzo.

martes, 14 de febrero de 2012

Lembra: o sábado 18 de febreiro hai reunión da AAVV no Teleclub


O próximo sábado 18 de febreiro vaise celebrar Xunta Ordinaria da Asociación de Veciños e Veciñas de Pías no Teleclub, ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda convocatoria.

É importante que todos os socios e as socias asistan para decidir sobre os seguintes asuntos:

Orde do día:
1.-Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
2.-Estado de contas.
3.-Reparto dos carnés aos/ás socio/as.
4.-Constitución de novas vogalías.
5.-Propostas de actuacións para os próximos meses.
6.-Información sobre actuacións do Concello.
7.- Rogos e preguntas.

Contamos coa túa asistencia!!

jueves, 2 de febrero de 2012

Obradoiro de manualidades para nenos e nenas

O luns 13 de febreiro comeza un obradoiro de manualidades para nenos e nenas, impartido polos profesionais que traballan na Ludoteca de Ponteareas. A actividade desenvolverase nas tardes dos luns de todo o mes de febreiro e terá lugar no Teleclube.