lunes, 5 de marzo de 2012

Xa se poden solicitar prazas para as actividades de verán organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude

O DOG publica este luns 5 de marzo a orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012. Este programa, dirixido á  mozos e mozas, realízase entre os meses de xullo e agosto e inclúe actividades de ocio en campamentos e actividades de voluntariado en campos de traballo españois e estranxeiros. Tamén hai unha oferta destinada en exclusiva para as persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.