miércoles, 7 de septiembre de 2011

Excursión á festa do Marisco do Grove

A Asociación de Veciños/as de Pías organiza unha excursión ao Grove o próximo domingo 2 de outubro, con motivo da celebración da Festa do Marisco. Durante a excursión realizaranse visitas ás localidades do Grove e a Illa da Toxa, así como un cruceiro en catamarán pola Ría de Arousa, no que se fará unha degustación de mexillóns e viño albariño.

Por suposto haberá tempo libre abondo para achegarse até a carpa da Festa e desfrutar dos diferentes tipos de mariscos que se ofrecen nos postos. O prezo por persoa é de 25 euros (non inclúe a comida).

No domingo 2 de outubro, a Festa do Marisco celebra a Festa do Ollomol Insuíña e na súa programación  inclúese un “ShowCooking” con este peixe, na Taberna  Herlogón (Praza do Corgo) de 11:00 a 13:00 horas. Ademais, no recinto da festa, ás 12:30 horas haberá actuación da escola de baile Cantodorxo e ás 13:00 horas desfile de disfraces de mariscos. Consulta o programa completo da Festa aquí.

As persoas interesadas en participar teñen que pórse en contacto con Almudena (606 028 303) ou Nieves (607 323 181).
Excursión á Festa do Marisco do Grove
Día: Domingo 2 de Outubro de 2011
Saída: 09:00 horas
Lugar: Cruce da Igrexia de Pías
Prezo: 25€ / persoa



No hay comentarios:

Publicar un comentario