lunes, 20 de febrero de 2012

Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda de 360 euros por fillos e fillas menores de tres anos

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG a orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012. Esta prestación consiste nunha axuda de 360 euros por crianza e poderase solicitar até o luns 26 de marzo.




Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas con fillos/as nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración da renda correspondente a ese período.

Non obstante, por segundo ano, a Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que no ano 2010 presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Consulta aquí as bases publicadas no DOG

No hay comentarios:

Publicar un comentario