lunes, 5 de marzo de 2012

Xa se poden solicitar prazas para as actividades de verán organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude

O DOG publica este luns 5 de marzo a orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012. Este programa, dirixido á  mozos e mozas, realízase entre os meses de xullo e agosto e inclúe actividades de ocio en campamentos e actividades de voluntariado en campos de traballo españois e estranxeiros. Tamén hai unha oferta destinada en exclusiva para as persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.


Se estás interesado/a en participar nalgunha destas accións podes solicitar praza entre o 6 e o 20 de marzo.

Podes atopar información detallada sobre cada unha destas actividades visitando a web http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html ou consultado directamente a Orde do DOG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario