lunes, 3 de octubre de 2011

Xa te podes facer socio/a da AAVV de Pías

A Asociación de Veciños/as A Comunidade de Pías informa a todos os veciños e veciñas que xa poden facerse socios/as. A cota, segundo se aprobou en Asemblea, será de 12 euros ao ano por persoa. A partir de catro socios/as na mesma familia aplicarase un desconto de 5 euros por socio/a, quedando fixadas as cotas do seguinte xeito:


1 Socio/a _________12 euros
2 Socios/as _______ 24 euros
3 Socios/as _______ 36 euros
4 Socios/as ________43 euros
5 Socios/as ________50 euros

Para facer efectiva a alta como socio ou como socia existen dúas opcións:
1.- As persoas interesadas deberán facer o ingreso da cota na conta bancaria que a Asociación de Veciños e Veciñas de Pías ten na oficina de Caixa Galicia de Ponteareas, indicando o seu nome completo e número de DNI. Ademais, se unha única persoa fai un ingreso por varias persoas, deberá indicar os nomes completos de cada un dos membros polos que paga a cota e os correspondentes DNI. O beneficiado será sempre a Asociación de Veciños A Comunidade de Pías.

2.- Ordenando dende o seu banco/caixa habitual a transferencia ao número de conta da Asociación, da contía correspondente á cota de socio/a. Neste caso deberán indicar tamén o nome completo e o número de DNI.

Aqueles veciños e veciñas que teñan o antigo carné de socio poderán conservalo se así o desexan. Para isto deberán apuntar tamén, cando paguen a cota, o número de carné de socio que tiñan.  

Número de conta da Asociación de Veciños e Veciñas de Pías
Entidade
Oficina
DC
Nº Conta
2080
0517
41
3000073832

Dende a Xunta Directiva agradeceríamos ás persoas que desexen ser socios/as que domicilien o pago da cota para facilitar o cobro da mesma e evitar problemas á hora de facer os pagamentos. De igual xeito, rogamos que as persoas interesadas se fagan socias antes de finais de decembro para poder ter preparados os novos carnés e comezar o ano 2012 a pleno rendemento.

Puntualizar tamén que a cota é anual e farase nun pagamento único. Isto significa que aquelas persoas que se fagan socias ao longo do próximo ano deberán abonar a cota íntegra, é dicir, os 12 euros, con independencia de que se dean de alta en xaneiro, marzo, setembro, etc.

Para calquera dúbida sobre como facerse socio/a podedes pórvos en contacto coa presidenta da Asociación, Almudena González (606 028 303), ou coa Tesoureira, Nieves Rodríguez (607 323 181).

No hay comentarios:

Publicar un comentario