A Asociación de Veciños e Veciñas de Pías vai celebrar este sábado 15 de outubro a tradicional festa do Magosto. A festa na que se exaltan as bondades dun produto tan tipicamente galego como a castaña comezará a partir das 20:00 horas e este ano, como novidade, celebrarase no torreiro da igrexa.
Ademais de comer castañas asadas e cocidas, as persoas que se acheguen até o Magosto poderán degustar tamén, polo módico prezo de dous euros, uns chouriciños asados, unhas cuncas de viño e unha queimada.
E como non podía ser doutro xeito, tampouco faltará no Magosto deste ano boa música para botar uns bailes e animar o corpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario